1. Combatemos toda forma de violencia sexista, homofobia, lesbofobia, bifobia e transfobia en todos os ámbitos: institucionais, laborais, na educación, en cárceres e comisarías, a nivel nacional e internacional, porque a violencia transmaricabollobifóbica segue estando presente, oculta ou visible, en todos os estratos da sociedade española e domina na maioría de países do mundo.
2. Defendemos a eliminación da transexualidade dos manuais de enfermidades (DSM-V e CIE-11) na súa próxima actualización. Demandamos a eliminación do requisito de diagnostico de “disforia de xénero” para o cambio rexistral de nome e sexo, así como o acceso das persoas inmigrantes e dxs menores ao protocolo de cambio de nome e sexo. Reclamamos o acceso universal á saúde para as persoas trans desde unha perspectiva de liberdade, información e autonomía. Avogamos polo dereito de todas as persoas que o desexan a non identificarse nin como home nin como muller. Consideramos que non debe ser obrigatoria a mención de sexo nos documentos oficiais. Reclamamos a eliminación dos protocolos médicos de normalización binaria para persoas trans e intersexuais (como o test da vida real, cirurxías de normalización xenital, etc.).
3. Denunciamos a instrumentalización por parte dos partidos políticos e o mundo empresarial de certas asociacións e federacións LGTB, o que domestica a loita política e resulta nunha falta de representatividade da diversidade sexual.
4. Combater o estigma da prostitución e defender o traballo sexual voluntario como un traballo, co recoñecemento de dereitos laborais e sociais para todxs xs traballadorxs que o desexen, favorecendo a regularización das persoas migrantes que se dedican ao traballo sexual; e combater calquera forma de abuso, violencia ou explotación laboral asociada a esta forma de traballo.
5. Esiximos que se respecte o dereito das persoas a migrar e acollerse ao status de asilada por motivos de orientación sexual e de xénero, eliminando todas as trabas existentes para iso. Avogamos pola abolición dos CIEs, e denunciamos os abusos que se producen coas persoas transmaricabibollos internadas nos mesmos.
6. Defendemos o recoñecemento da pluralidade de formas de relación que exceden o modelo tradicional de monogamia e familia nuclear. Denunciamos os privilexios exclusivos do matrimonio en detrimento doutros tipos de relación.
7. Reclamamos o dereito a unha sexualidade pública que non se articule en termos de prohibicións, segredos e tabús, que non estea condenada ao armario da intimidade, e que se incorpore como tema de debate en todos os ámbitos da sociedade.
8. Demandamos a incorporación no sistema educativo dunha educación sexual integral plural. Esiximos medidas efectivas para evitar o bullying homofóbico e transfóbico.
9. Denunciamos a mercantilización das sexualidades non normativas, que son recoñecidas unicamente a través do consumo (capitalismo rosa) e situámonos como transmaricabollosbiqueer anticapitalistas.
10. Esiximos o fin do financiamento público de calquera entidade relixiosa ou políticaque desenvolva políticas sexistas, homófobas, lesbófobas, bífobas e tránsfobas. Esiximos a revogación inmediata de calquera cargo público que realice declaracións transmaricabollobifóbicas e incite ao odio.
11. Denunciamos a representación tendenciosa e reduccionista que aínda seguen a facer osmedios de comunicación das sexualidades non normativas.
12. Esiximos que se garantan os dereitos reprodutivos das mulleres lesbianas, as persoas soas e as persoas trans e que se recoñeza o dereito á familia e ao recoñecemento da filiación sen requirimento do matrimonio e á marxe da bioloxía para todas as persoas.
13. Reclamamos unha abordaxe integral da saúde para o tratamento da inmunodeficiencia humana, destacando a necesidade de abrir un debate sobre os abusos das farmaceúticas. Reclamamos investigación e prevención considerando a especificidade dos corpos das mulleres, corpos non normativos e corpos trans.
14. Denunciamos como corpos e identidades precarias, a brutalidade do capitalismo, que intensifica a discriminación expulsando do mercado laboral ás mulleres, as persoas trans, lesbianas, gais, bi, etc.
Animamos á rebelión dos corpos, e a pór os nosos corpos e praceres por encima da lóxica do mercado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario